Encuentra y disfruta tu dominio .gal

Que é o dominio .gal?

O .gal é o dominio con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos, sociais… unha especie de sufixo co que identificar en internet as páxinas escritas en galego e que, tendo en conta a sua dispersión no mundo, non se circunscriba a un ámbito territorial concreto. A proposta, tecnicamente viable e económica, social, lingüística e culturalmente rendible, encádrase nos dominios de primeiro nivel esponsorizados.

O novo dominio .gal será ademais unha excelente oportunidade para manter e potenciar o patrimonio cultural galego no exterior e unha ferramenta idónea para impulsar as relacións económicas entre as empresas galegas e empresas de orixe galega afincadas noutros países.

Condicións de dominio .gal

O sitio web en cuestión debe conter contido mínimo significativo en lingua galega, aínda que se mostre tamén noutros idiomas. En caso de que non mostre contido en galego, deberán ser contidos relacionados coa cultura galega ou servizos en liña especificamente dirixidos á comunidade galega e que favorezan o seu desenvolvemento.

Quen xestiona o dominio .gal

 O dominio .gal é xestionado por a Asociacón PuntoGal , unha entidade sen ánimo de lucro constituída por entidades de todos os ámbitos da sociedade galega e que foi a responsable de preparar, promover e presentar a candidatura para a consecución do dominio .gal,

Siguenos en:
Google+